Julio Lorenzo impartindo un clase maxistral de dobraxe e sonorización. As alumnas e alumno non perden detalle das explicacions.... non é tan difícil, pero non é nada fácil, que llo pregunten a elas e el!!
Aprende a respirar, vogalizar e proxectar!
Estivemos no Concello de Salceda de Caselas impartindo un curso de comunicación, voz, podcast, falar en público e dobraxe. Durante o curso as alumnas e alumnos tiveron que aprender de novo o máis básico, vogalizar, porque o principal é que nos entendan. Despois tiveron que aprender a respirar e proxectar... Non sabían que cousas tan básicas, facían tanto ben na nosa comunicación.
Seguiremos contando novedades
Porque cada vez que impartimos un curso o un obradoiro quedamos cunha sensación fantástica. O cariño do alumnado. E sobre todo que a final de curso danse conta dos cambios conseguidos.
Comments